The Turre’s Band somos un grupo galego nacido no ano 2001. Musicos de profesión e festeiros de vocación. Lume bravo polas veas e vento furacanado nos pulmóns que fan tremer os escenarios e torreiros alá por onde imos.
Música que non distingue de idades, fronteiras e sexos. A sensación de sentir a música chegando ao máis fondo da ialma, mentres os pés non paran de brincar, retouzar e bailar o ritmos do Ska, blues, balkan ou verbeneo galego de hoxe e de sempre. O sentido do humor e ningún sentido do ridículo fan do grupo unha experiencia única no panorama músical galego.
Fomos pioneiros da música Balkanica na Galiza, do Ska clasico, da muiñeira-ska e da verbena clandestina.
20 anos repartindo zapatilla, levantando turreiros, auditorios, salas e festivais. Pardiñas, V de Valarés, Reperkusión, Rebumbio, Terra brava, Claviccembalo, Auriense, Fábrica de Chocolate, Festival de Titeres de Redondela… son algúns dos moitos escenarios que tivemos o placer de revolucionar co noso espectáculo.
A día de hoxe o grupo está composto por 14 delincuentes da contorna de Mos que ademáis de tocar en salas e festivais tamén enchemos os pés de terra facendo pasarrúas turresbanianos.
Por moito que che contemos, o mellor que podes facer é vivir o que é The Turre’s Band!