Para celebrar os 20 anos da Turre’s publicamos “Zapatilla”. Un disco con 19 temas no que contamos coa colaboración do histórico Xurxo Souto dos Diplomáticos de Monte Alto, nunha versión única de ‘Oda ó futbolín’, Isaac Palacín aos mandos técnicos da gravación e masterización e Sr. Reny responsable do deseño do disco.
Neste novo traballo recompilamos as nosas mellores versións de grandes temas como ‘La bolsa’ de Bersuit, ‘Violentador de gallinas’ de Dr. Cotomondongo e os seus metais preciosos e o noso inigualable ‘Non me móvalos marcos’, baseado no ‘Killing in the name of’ de Rage Against the Machine.
O último traballo do grupo ata o momento chámase “A Última Verbena”. Neste segundo disco rodeámonos dos mellores profesionais e podedes escoitar temas propios compostos por Juan Eiras e Ernesto Campos e marabillosas colaboracións coma a de Laura Quintilláns no violín. Os Ritmos Balcánicos e Ska seguen predominando.
Foi gravado en xaneiro de 2010 no Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo por Javier Abreu.
Lembrade: A música é a excusa!
Foi lanzado no inverno do 2005 e creado nos estudos “Elite Musical de Vigo”.